miércoles, 15 de octubre de 2014

O XOVES, DÍA 2 DE OUTUBRO, AS 20H, TIVO LUGAR A INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN COLECTIVA "CAFÉ DE OCTUBRE" NA GALERÍA DE ARTE TERRA DE SOMBRA. (Fernando III o Santo nº 22, baixo)
 

Café! ¿xa son as doce?: solo, sen escuma, con leite fria expresionista,“al óleo”, doble, gran formato. Pois si, na arte e no café hai gustos e: “para gustos” …./Os cadros tamén se beben; ración de azul prusia, celeste, ultramar (con sacarina) ou siena tostada “tostada”. Temos a espontánea necesidade dun pretexto calquera para mobilizar o que alimenta a nosa capacidade de sentir tamén “por dentro”. Agora, Terra de Sombra, quere facer real unha idea sinxela e diversa que remova o teu sentir. Un regalo para ti. Café de outubro..

Participan doce artistas: Nacho C. Beiro, Xabier Carrasco, Mariano Casas, Juan Cereijo, Fernando Laxe, Xulio Maside, M. Manxela, Xan Pardiñas, Rodrigo Porral, Carlos Puga, Baldo Ramos e Jacobo Remuñán.