A producción artística é sempre un xeito de
expresión da necesidade de comunicación do autor pero destinada ao
público receptor como necesario elemento da menxaxe. O receptor da
menxaxe artística no ten que ser nin culto nin entendido, a arte
abrangue a aqueles que prestan a observación á mensaxe, simplemente como
destinatarios.
Mostrar aos demáis o discurso plástico, as mesaxes e os sentimentos por
medio da linguaxe artística, semella á literatura, artística ou
andanza, agás no medio de expresión; a cor e a forma. Estilos e
tendencias son comuns a todas as formas de expresión artística e as
salas de exposicións, os teatros e os auditorios son medios para a súa
difusión como parte fundamental da propia obra.
O nome de TERRA
DE SOMBRA recolle unha homenaxe a unha cor propia dos pintores que
configura as paletas dende sempre, que forma parte das sombras tan
necesarias como as luces.
A galería "Terra de Sombra" ten
vocación de intervir nesta segunda parte que configura o total dunha
obra de arte: mostrar e difundir; facer posible ver, admirar e hasta
opinar do que se mostra sen que importe nada o grao de formación de cada
un.
Recoller e exponer o maior número de obras sempre coa
intención de diversificar, tanto estilos, técnicas,formatos, materiais e
prezos.
A sala consta de catro espacios independentes nos que se
exponen actualmente varias tendencias, autores, técnicas e estéticas
varias (pintura, escultura, fotografía e grabado) co obxectivo de que
vaian mudando ó logo de cada mes por venta ou cambio de exposición na
percura de obter una imaxe viva, cambiante e dinámica da sala.
A
sala non exclue ninguna liña estética a priori e non promove nin dá
preferencia a ningunha tendencia, por iso conviven nela o informalismo, o
expresionismo ou o realismo de autores diferentes.A mariores, a galería
organiza regularmente exposicións monográficas e eventos.
Na
selección de autores, a galería ten tamén interese en ofrecer un espazo
propio a artistas noveles onde poidan mostrar as súas obras e avaliar os
seus méritos, sin que se prexulgue ningún requisito de estilo ou
renombre.
A galería de arte "terra de sombra" amosa unha exposición con obras de : Xabier Carrasco, Mariano Casas, Nacho C. Beiro, Xurxo Durán, Armando Ferreiro, Fernando Laxe, Xulio Maside, Xoan Pardiñas, Rodrigo Porral, Carlos Puga, Jacobo Remuñán,... X. M. Tomé. A exposición actual da galería tenta mostrar e difundir a obra de arte en xeral e facer posible ver, admirar e hasta opinar do que se mostra. Exponse preto de 50 obras dunha grande diversificación de estilos, técnicas, formatos, materiais...
No hay comentarios:
Publicar un comentario