miércoles, 12 de febrero de 2014

EXPOSICIÓN - ONCE CORES

A  exposición  que se inaugura o xoves trece de febreiro na Galería Terra de Sombra de Santiago de Compostela -r/ Fernando III El Santo, nº 22 baixo-  supón un novo capítulo do seu proxecto galerístico ao reunir once diiferentes sensibilidades e técnicas plásticas nun espazo compartido.  O nome que as identifica é "Once cores".

Esta iniciativa é a resposta dos autores  a un reto:  cada un ten elixido unha cor coa que  materializa a súa obra de xeito que a cor, como elementos identificador, convertirase no pretexto perfecto do conxunto.
Once autores e once cores. Non todas as cores, nin todas as ideas...  Pro once ideas e once cores non está nada mal.

O que se pretende é propoñer  un motivo -unha cor- e a partir del articular unha obra.  A orixinalidade corresponde aos creadores que deberán restrinxir a súa  liberdade cromática a fin de compartir un proxecto.
A inauguración da exposición será o xoves 13 de febreiro ás 8 da tarde. Actuará o grupo musical Silva de Sons et recitarase poesía.
Artistas que participan:
Xabier Carrasco, Mariano Casas, Nacho C. Beiro, Fernando Laxe, Manxela, Xulio Maside, Xoán Pardiñas, Rodrigo Porral, Carlos Puga, Baldo Ramos, Jacobo Remuñán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario