miércoles, 4 de junio de 2014

DEMORA Y CEREZA - INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN DE PINTURA DE CARLOS PUGA


 
 
 
A obra de Carlos Puga, que se reúne na exposición que se inaugura o vindeiro 5 de xuño às 20h00, mistura o expresionismo convencional coa depuración técnica e a mensaxe formal que emana da súa boa formación salmantina. Domina o espazo e o claroscuro, o volume e a expresividade dirixida directamente ás emocións e ós sentimentos que son capaces de mobilizar, en exclusiva, calquera das manifestacións artísticas.

Actuará tamén o cantautor César de Centi, que leva mas de dez anos percorrendo locais de música en directo. Ademais de músico, César produce e incentiva eventos relacionados co xénero e é un dos creadores, xunto con Paris Joel e Xurxo Mares da "Asociación Viernes de cantautar", ( Asociación de cantautores galegos). En xaneiro de 2014 sacou un novo disco "La luz de los gigantes", financiado a través do Crowdfunding.

No hay comentarios:

Publicar un comentario