miércoles, 10 de diciembre de 2014

As palabras habitadas - INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN DE BALDO RAMOS o xoves 11 decembro às 20h

 

Empecei a pintar dun xeito espontáneo. Vin nas palabras a extensión dun xesto, o tacto dunha ollada, as formas dunha imaxe incomprensíbel.

Para min a pintura é unha consecuencia do que escribo, quen sabe se a raíz mesma da que agroman as palabras.
No proceso de creación, entendo a caligrafía como unha ponte entre o que lemos e o que vemos, entre a escrita e as imaxes.

De aí que, na selección dos signos que nomean e dos símbolos que revelan, atope maior expresividade canto máis ambiguos, canto máis abstractos, canto máis desposuídos da realidade que os evoca.

Entendo a arte coma unha recreación da realidade dende a nada, dende o baleiro, dende a inexistencia das cousas nunha cegueira que nos obriga a edificar, como deuses desherdados, unha ollada do mundo, unha imaxe do que habitamos na máis absoluta orfandade fronte ao tempo.

Por iso aprecio máis na pintura a pura abstracción, porque as formas que xera sempre nacen da inocencia de non saber, do punto cero no que toda a xeometría poética asenta as súas coordenadas.

Baldo Ramos
 

2 comentarios:

  1. Reseñas sobre a exposición:

    […] esa maravilla que es Blanco sobre negro, verdadera fiesta de la sencillez; una fiesta que se ilumina en su propio sentido.
    Antonio Gamoneda

    Poeta y artista plástico, es una de las voces más interesantes de la nueva poesía gallega.[…] La importancia de lo gráfico y lo visual se manifiesta en la forma de estructurar sus textos. Poeta de lo premonitorio y lo simbólico, construye sobre conceptos binarios, contrarios en cuyo centro el tiempo reflexiona sobre su transcurrir.
    Amalia Iglesias Serna

    Arte y poesía se conforman como “el lenguaje del alma” y se revelan como medios expresivos con los que el artista proclama la esencia de sus sentimientos. Los tonos negros y rojos, las sombras y sobre todo los momentos de vacío suscitan un mundo personal delimitado sobre el papel. Baldo Ramos recupera lo rigurosamente pictórico y aleja de la creación todo aquello que pueda resultar innecesario; es en la ausencia donde resuelve el espacio compositivo. Los gestos convertidos en signos interpretan el sentido emocional que el autor infiere a su obra.
    Mercedes Rozas

    Baldo Ramos é un dos talentos novos máis importantes da literatura galega.
    Manuel Vilanova
    […] traballo creador dun destacado poeta e dun orixinal artista plástico. En definitiva, un conxunto que nos revela a madurez e a plenitude dun artista verdadeiro.
    Arcadio López-Casanova

    […] o marabilloso e singularísimo mundo dos libros de artista de Baldo Ramos, un atípico e interesantísimo creador galego que elabora os suxerentes textos poéticos, as artesanais edicións e as ilustracións dos seus propios e exclusivos libros.
    Yolanda Castaño

    […] exquisitos exemplares de bibliófilo, absolutamente irrepetibles, xa que todos e cada un dos volumes foron realizados de xeito artesanal e ilustrados orixinalmente. O resultado é unha pequena xoia pictórico-poética onde ambas as artes dialogan entre si, sendo o elemento lírico reflexo do plástico e viceversa.
    Armando Requeixo

    […] a súa obra literaria (en galego e en castelán) xunto co traballo de pintor e ilustrador levan algún tempo asentados, por méritos propios, no ámbito cultural de dentro e fóra de Galicia e ambos os labores foron recoñecidos con importantes galardóns que son evidencias dun fértil presente e presaxian que o seu nome acabará por colocarse entre os referentes do país.
    Xavier Castro

    Escura e transparente, un profundo, sugestivo y rico poemario en el que el autor de Celanova se sitúa en la estela de las grandes voces de este siglo XXI.
    Ramón Nicolás

    […] creador do que sen dúbida pode dicirse que atopou o camiño para facer poesía tamén coa luz.
    Ramón Loureiro

    […] voz transcendente e fondamente introspectiva que se verte en textos sobrecolledores pola fondura da mensaxe que conteñen.
    Teresa Seara

    ResponderEliminar